martes, 30 de outubro de 2018

CONTA - COMIGO


As familias de 6º de E.I. están sempre dispostas a participar das nosas iniciativas.  Neste curso seguimos implementando o “CONTA COMIGO”. Todos os luns que as familias desexen poden vir a compartir o seu tempo con nós. Moitas grazas familias, sen vós non sería posible.

Nesta ocasión foron a avoa de Marco e os avós de Xiana, Daniela e Guillermina quenes estiveron na nosa aula contándonos que plantas podiamos plantar e onde podiamos mercar as mellores sementes.


luns, 22 de outubro de 2018

AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Un dos momentos preferidos da semana é o luns na hora do plan lector, no que veñen as nosa madriñas e padriños de 4º de E.P. para  lernos un conto, ou dous…ou os que cadren, porque é habitual que estes momentos de lecturas compartidas se alonguen máis do que o horario nos marca.



 

mércores, 17 de outubro de 2018

TABOLEIROS BARROCOS


O alumnado de sexto curso, saíu de paseo por Compostela ata a igrexa da Angustia, a ver os taboleiros de xogo que foron creados no século XVII.

O xogo en cuestión consistía polo que nos contaron, nunha rivalidade entre dúas persoas, que con 3 fichas cada un tiña que conseguir poñelas xuntas horizontal, diagonal ou verticalmente.

Aínda que ao principio lles costou un pouco entendelo, moitos deles acabaron xogando bastante entretidos!